A irrupción dun criminal no pazo pode alterar a fuxida de Helena con Mario, na nova entrega de 'Lobos e Cordeiros'

0
7

Santiago, 11.02.2019.-  Descobren un corazón ensanguentado e unha nota ameazante dirixida ao marqués cravada cun coitelo na mesa do seu despacho. A irrupción dun criminal no pazo revoluciona tanto á familia do marqués coma a vida dos seus criados. Esta presenza ameazadora xorde xusto cando está a piques de chegar a Viguña, localidade ficticia de ‘Lobos e cordeiros’ (22.15 h.), o almirante Bermúdez, pai do capitán, para facer firme o compromiso de seu fillo con Helena.

Ninguén imaxina que o que está a piques de facer Helena é fuxir con Mario, nin tampouco a verdadeira natureza do criminal. A vixilancia da Garda Civil por mor da visita do almirante, que é conde e amigo íntimo da Rexente, complica a fuxida de Mario e Helena.

Bermúdez, que ve como Helena volve a defender a Mario cando pensa que o acusan de novo de ser cómplice da Loba, advírtelle que unha vez estean casados impediralle seguir vendo ao mozo, xa que pensa despedilo para evitar rumores do que pode haber ou non entre eles.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here