A seca tamén se deixa notar en `Serramoura´, onde a baixada do nivel da auga saca á luz os restos dun posible asasinato

0
5

Santiago, 06.12.2017.-    Cun inverno máis seco do normal, o encoro de ‘Serramoura’ ten menos auga que de costume. Pero aos problemas que isto adoita supoñer para os veciños da zona unirase outro inesperado: o achado duns restos óseos moi antigos, que todo indica que poderían ser a pegada dun crime cometido hai moito tempo.

Rapidamente, Diego e Marga emprenderán unha investigación que os levará aos anos 40 para investigar a morte dun soldado da época. Por sorte, axiña descubrirán que contan cunha testemuña viva nunha residencia de anciáns, un home que, se os datos son correctos, puido formar parte do mesmo destacamento ca o falecido. Pero a investigación sufrirá un revés inesperado.

Alleo aos novos casos que ocupan a Garda Civil, Santos parece non levantar cabeza tras a morte de Rivas, cuxa perda puido afectarlle á súa saúde mental. Sofre visións e ata mantén conversas imposibles con Lola. A pesar disto, Santos segue adiante co seu novo negocio gandeiro, facendo caso omiso das ameazas dos que queren paralo.

Entre eles, Teresa e Evaristo, que poderían ter ideado un novo plan para obrigalo a pechar: alterar o paso dun regato polas súas terras para deixalo sen auga. Pero a nova avogada de Santos é moi competente e fará todo o posible para defender os intereses do seu xefe.

Pola súa parte, Sonia, a misteriosa muller acabada de chegar a Serramoura, semella estar encaixando na vila. Ata conseguiu un traballo con Gloria, pero o problema é que a súa xefa non acaba de fiarse dela.

Fuente: TVG

Compartir