A TVG retransmite o acto de entrega das medallas do Parlamento de Galicia

0
20

Santiago, 06.04.2017.- A Televisión de Galicia retransmite hoxe o acto de entrega das medallas do Parlamento de Galicia aos redactores do anteproxecto do Estatuto de Autonomía. Dende o estudio do programa “Área Pública”, Susana López conectará coa Cámara galega onde o xornalista Xesús Fontenla comentará a cerimonia desde o seu inicio, previsto para as 19.00 h.

Durante o evento, imporanse os galardóns aos integrantes da chamada “Comisión dos 16”, representantes dos partidos que participaron na elaboración do primeiro borrador do Estatuto en 1979. Algúns deles, xa falecidos, recibirán este recoñecemento a título póstumo.As medallas entréganse o 6 de abril, coincidindo coa data de promulgación do Estatuto de Autonomía. Na primeira edición, en 2016, os galardoados foron os seis ex-presidentes da cámara galega.

A tvG2 emitirá unha redifusión do programa “Área Pública” a partir das 00.05 h., en que a entrega dos galardóns se poderá seguir tamén en lingua de signos. 

Fuente: TVG

Compartir