A tvG2 retransmite este xoves o XV Torneo de Futbol Base do Deportivo dende Abegondo

0
18

Santiago. 12.05.2018.- Todos os grandes futbolistas que agora enchen os mellores  estadios do mundo comezaron destacando dende ben pequenos nos torneos de fútbol base. Messi, Iniesta ou Iago Aspas chamaron a atención por primeira vez en competicións como a que se emite este xoves na TVG.

Dende as 18.00 horas e ata o remate da competición, poderanse seguir en directo pola tvG2 e pola web os partidos decisivos da decimo quinta edición do Torneo do Real Club Deportivo. O torneo reúne ata a 180 equipos de toda Galicia, 67 prebenxamíns e 113 benxamíns, na que será a gran festa do fútbol galego de base. Ata 2.500 xogadores participarán nos encontros que comezan á 9.00 horas da mañá e que se estenderán ata o remate da final benxamín, que comeza ás 19.30 horas.

A emisión en directo na segunda canle da galega e na web da CRTVG dá inicio ás 18.00 horas. Os espectadores poderán ver os mellores partidos e as finais das estrelas do futuro. Roberto Prado e Belarmino Alonso serán os encargados da narración e comentarios dende os campos de fútbol de Abegondo, cidade de adestramento do Real Club Deportivo da Coruña.

Fuente: TVG

Compartir