A Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes, a Guadalupe de Rianxo e o Nazareno da Pobra centran hoxe a atención do "Vaia Troula"

0
7

Santiago, 16.09.2018.-     Este domingo pola noite a romaría da Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes, en Celanova, será o destino de Nieves Rodríguez nunha nova edición de “Vaia Troula” (22.00 h.). Así, os espectadores da Televisión de Galicia poderán gozar da emotiva procesión que culmina cunhas fermosas danzas ancestrais na honra da Virxe do Cristal.
    
Pola súa parte, as reporteiras Ariadna Leis e Belén Vara estarán en Rianxo para participar nas Festas da Guadalupe. Alí haberá tempo para xogar nas “Juadalupeñas”, vivir o tradicional Feirón Mariñeiro e cantar a Rianxeira máis multitudinaria do ano.

O programa desta noite tamén será testemuña da procesión das Mortallas da Pobra do Caramiñal. Trátase do acto máis importante das Festas do Nazareno, ás que cada ano acoden milleiros de fieis.  

E Belén Rivero viaxará ata o Barco de Valdeorras para ser unha máis nas Festas do Cristo, en que a devoción e a música das bandas son as protagonistas do seu día grande.
    
As cámaras do programa tamén estarán presentes na festa romana Vicus Spacorum de Vigo e na Exaltación da Ameixa de Campelo, no concello de Poio. A Festa das Dores da parroquia de Guimarei, na Estrada, e a Festa da Familia de Abegondo completan o menú trouleiro do programa deste domingo. E, para que o ritmo non pare, “Vaia Troula” ofrecerá a actuación da orquestra Cinema.

Fuente: TVG

Compartir