A Xunta Xeral de Forta reúnese en Valladolid con motivo do X aniversario da televisión de Castela e León

0
4

Santiago, 14.03.2019.-  A Xunta Xeral de Forta reuniuse esta mañá por primeira vez fóra do seu ámbito de competencia, en Valladolid, con motivo do X aniversario de CyLTV. Deste xeito, a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos trasladou a súa reunión xeral mensual ata a capital valisoletana para acompañar a televisión autonómica na súa celebración, un feito que destaca a excelente relación e os estreitos lazos de colaboración entre ambas as dúas entidades.

O encontro, que tivo lugar no hotel Mosteiro de Valbuena, congregou a Alfonso Sánchez, director xeral de CRTVG; Joaquín Durán, subdirector xeral de RTVA; Nuria Llorach, vicepresidenta de CCMA; José Pablo López, director xeral de RTVM; Enrique Soriano, presidente de CVMC; Maite Iturbe, directora xeral de EITB; Carmen Amores, directora xeral de RTVCM; Juan Miguel Augado, director xeral de RTRM; Teresa Azcona, directora xeral de CARTV; Antonio Virgili, director xeral de RTPA; Andreu Manresa Monserrat, director xeral de EPRTVIB e presidente de Forta, e Enrique Laucirica, secretario xeral de Forta.

Hoxe, ás 19.30 horas, CyLTV celebrará unha gala para festexar o seu X aniversario, en que estarán presentes representantes do ámbito político, social, cultural e deportivo rexionais e nacionais.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here