Ademais dun tema a dúo, Maldita Nerea e Ana Mena interpretarán os seus grandes éxitos en 'Bamboleo'

0
6

Santiago, 18.05.2019.- O programa ‘Bamboleo‘ (21.45 h.) abre a súa edición deste sábado cun show moi especial dunha das parellas de baile top na clasificación mundial: son Javi e Cris, dous bailaríns de Madrid afeitos a representar o país polo mundo adiante.
 
A orquestra Ocaband, unha formación de Portonovo, presentará no programa desta noite os seus últimos temas. Cancións perfectas para dalo todo bailando na pista de ‘Bamboleo’.

No que a artistas se refire, dous grandes da escena: Maldita Nerea, un dos grupos máis exitosos, recoñecidos e recoñecibles do pop español, con cancións que se asocian de inmediato coa mentalidade positiva, a superación persoal e a autenticidade, e Ana Mena, que interpretarán un tema a dúo ademais dos seus grandes éxitos. Ademais, a banda coruñesa de rock Tregua, estreará o seu último traballo, xusto cando está a piques de celebrar o seu décimo aniversario.

No ‘Bamboleo’ deste sábado tamén haberá chistes: Víctor Bascoy e Lito de Arzúa debaterán sobre se é mellor facer ponte e ir de vacacións ou quedar na casa e vano facer do xeito máis difícil, facendo rir.

Ademais, o programa presentado por Lucía Regueiro terá premios para a comisión gañadora de ‘A Jrilera‘e, por suposto, para o gañador da sección máis sexy do programa: ‘ITV do amor‘.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here