Andy y Lucas e Bombai, uns veteranos da escena musical española e uns acabados de chegar, actúan hoxe en "Luar"

0
9

Santiago, 13.10.2017.- O grupo Andy y Lucas encabeza esta semana o cartel do programa “Luar” (22.00 horas). O dúo gaditano fai década e media no panorama musical e aínda hoxe resoan os refráns dos seus primeiro éxitos como “Son de amores” e “Tanto la quería”. Nestes 15 anos de existencia sumaron máis dun millón de copias vendidas, once discos de platino e máis de 750 concertos. Este verán volveron con “Quiero la playa”, o primeiro avance do seu próximo álbum de estudio.

E duns veteranos da escena musical española a uns acabados de chegar. O espazo da TVG tamén ofrecerá a actuación de Bombai, grupo valenciano que aterra cun estilo bautizado como “beach pop”, xa que a súa proposta respira frescura e positividade e mestura rock, reggae, indie e pop. A banda deuse a coñecer con “Sólo si es contigo”, unha canción que está a arrasar en toda España.

Tamén estará hoxe no escenario de “Luar” o coro feminino Son Elas, creado recentemente no municipio coruñés de Ames. O seu repertorio abarca pezas de compositores galegos como Luís Emilio Batallán e Emilio Rúa e adaptacións de temas dos Beatles, entre outros.

A orquestra Olympus, a Panda de Verdiales, Jotrón y Lomillas e a agrupación folk Faíscas da Pontraga completan as propostas musicais de “Luar” para este venres á noite, en que non faltará unha nova entrega do concurso “Recantos”, hoxe coas actuacións de Selene Casal, representante da comarca Ourense Norte, e Natalia, procedente da Mariña.

Fuente: TVG

Compartir