As músicas de Antonio Carmona, María do Ceo e Woyza enchen de enerxía o "Bamboleo" deste sábado

0
0

Santiago, 11.08.2018.- Un espectáculo de baile fóra do común lles agarda aos seguidores do “Bamboleo” (22.00 h.) na emisión deste sábado, ou mellor incluso, tres espectáculos: o programa contará cun grupo de galegas que triunfa nos Estados Unidos bailando mambo e pachanga, cunha parella mexicana que baila salsa por todo o mundo e con Nuno e Nagyla, dous especialistas en kizomba.

No que á música se refire, o artista convidado da noite é Antonio Carmona que, ademais de contar un montón de vicisitudes, presenta en “Bamboleo” o seu último disco “Obras son amores” e interpretará temas tan exitosos como “Me encanta” ou o precioso “Dale luz”.

Os ritmos máis actuais van estar representados por unha artista de estilo inconfundible: a gran Woyza, mentres que a cantante María do Ceo interpretará a súa linda música con inconfundible aire portugués.

A orquestra Jerusalén chegará cos seus ritmos frenéticos e levantará o público dos seus asentos que se lanzará á pista a bailar.

Ademais haberá premios; para a comisión gañadora da Jrileira e para o vencedor da sección máis sexy do “Bamboleo”: a ITV do amor.

Fuente: TVG

Compartir