"Buscadores de Naufraxios" amosará os restos do Cardenal Cisneros, unha das grandes apostas da armada española a comezos do século XX

0
0

Santiago, 14.10.2018.-    José Manuel Silva e Juan Montero son, xunto con Unai Artaloitia e Alexis Macías, lenda viva do mergullo. Coñecidos como “Solopecios”, foron os responsables de atopar a maioría dos pecios que coñecemos hoxe en día. Entre eles, o Cardenal Cisneros, cuxos restos amosará este domingo o programa “Buscadores de Naufraxios”.

O Cardenal Cisneros foi unha das grandes apostas da Armada Española a comezos do século XX, un cruceiro acoirazado chamado a participar en grandes misións que se afundiu xunto ao faro de Fisterra cando realizaba unhas manobras militares.

Hoxe en día é un dos pecios máis cobizados polos mergulladores e, ao mesmo tempo, un dos máis difíciles de alcanzar, xa que os seus 65 metros de profundidade fano apto só para uns poucos elixidos.

Fuente: TVG

Compartir