Desde as Festas da Peregrina, "Vaia Troula" acode á Carreira de Burros de Escairón e á Festa do Polbo de Bueu

0
16

Santiago, 12.08.2018.-  “Vaia Troula” (22.05 h.) viaxa o domingo pola noite ata Pontevedra para vivir en primeira persoa as Festas da Peregrina. E, coma sempre, as reporteiras do programa, Belén Vara, Ariadna Leis e Belén Rivero, seguirán percorrendo toda Galicia na procura das mellores celebracións da fin de semana. Entre outras moitas, estarán na divertida Carreira de burros de Escairón, no espectacular Desfile de bandas mariñeiras do concello da Guarda e na Festa do polbo de Bueu.

O espazo levará aos fogares dos espectadores a maxia e as tradicións das Festas da Peregrina de Pontevedra. A presentadora Nieves Rodríguez estará na cidade do Lérez para gozar da música, dos desfiles e da paixón dos pontevedreses por unha celebración cargada de actividades.
Pola súa banda, a reporteira Belén Vara viaxará ata Ribadumia para participar nunha nova edición da Festa do Pan do Salnés. Alí haberá representacións, música do país e, claro está, un pan riquísimo.

Ariadna Leis irá a Bueu, onde celebran un ano máis a Festa do Polbo. Trátase dunha inmellorable ocasión para gozar do sabor dun dos nosos produtos estrela.

E Belén Rivero será unha máis no Desfile de bandas mariñeiras que celebran no concello da Guarda, como parte das festas do monte. Neste día, milleiros de bombos encherán de cor e sons contundentes as rúas desta vila mariñeira.

As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na orixinal Carreira de Burros de Escairón, no Saviñao, na Romaría de San Nomedio, no concello das Neves, no Día do turista de Mondoñedo, e na exaltación do mexillón e o berberecho de Vilanova de Arousa.

A celebración de San Lourenzo de Tállara, en Lousame, as Festas de Santa María de Vigo, en Cambre, e a Romaría de Neixón, no concello de Boiro, completan o menú trouleiro do programa deste domingo.

Para que non falte de nada, “Vaia Troula” ofrecerá as actuacións das mellores orquestras do verán.

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here