Eva Iglesias busca concursantes para “Todo Queda Na Casa” en Allariz e na Guarda

0
14

Santiago. 31.08.2017 – Nova entrega de “Todo Queda na Casa”, o concurso da TVG que viaxa por Galicia na busca de concursantes que amosen as súas casas. Se convidan o equipo do programa a pasar ás vivendas e lle deixan ver as diferentes estancias, poden gañar ata 1.000 euros. Na presente edición, Eva Iglesias dirixirase a Allariz e a terras da Guarda.

“Todo Queda na Casa” contará esta noite con dous concursantes de nivel. O primeiro, un matrimonio que acaba de reformar a casa e non ten moito control de cada unha das innovacións que ten a súa vivenda e, a segunda, unha propietaria retirada dunha tenda de roupa, que amosará amosa o negocio e a vivenda. Moito espazo para fixarse e acertar as preguntas. Levará nesta ocasión alguén o premio dos 1.000 euros?

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here