Fin de semana polideportiva na CRTVG, con fútbol, baloncesto e ciclocrós entre o máis destacado

0
7

Santiago. 04.01.2019.-  Comeza unha fin de semana na que os amantes dos deportes non poderán despegar os ollos da CRTVG, que achega os mellores partidos e competicións.

A cita comeza o sábado ás 16.00 horas, coa retransmisión do encontro de Segunda B entre un Fabril en horas baixas fronte ao Internacional de Madrid. O encontro poderase seguir en directo na tvG2. Un pouco máis tarde, tamén pola G2, será a quenda do fútbol sala feminino, co derbi de Primeira División entre o Ourense Envialia e o Poio Pescamar. Ambos conxuntos están empatados  a puntos na clasificación, loitando polo quinto posto. Estes encontros tamén se poderán seguir pola web da CRTVG.

A partir das 19.00 horas, en directo pola tvG2, o protagonismo recae no baloncesto, co encontro da LEB Ouro entre o Ourense  e o Melilla Baloncesto.

O domingo comeza co Campionato de España de Ciclocrós. A partir das 12.00, os espectadores da tvG2 poderán ver a xornada decisiva, coas finais masculina e feminina, así como a categoría sub-23.

Na sesión vespertina, o fútbol será o protagonista. Ás 16.30 horas comeza ‘A Liga das Cidades’, que ofrecerá en directo na tvG2 o mellor da Segunda B, entre o que se inclúe o Rápido de Bouzas – Cultural Leonesa,  Pontevedra – Unionistas Salamanca e Coruxo – Navalcarnero. Estes encontros tamén se poderán seguir pola web da CRTVG.

Tamén haberá oco para o fútbol feminino co derbi entre o Lugo e o Deportivo Abanca, ás 19.00 horas na tvG2.

Ás 22.30 chega o ‘En Xogo’, con todos os resumos da fin de semana deportiva.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here