‘Galicia Bonita’ aterra hoxe en Cerceda para poñer orde nunha leira que conta cun particular zoolóxico

0
34

O carácter inconformista dos donos, que conviven con todo tipo de paxaros domésticos, porá a proba a paciencia da arquitecta do programa

'Galicia Bonita' aterra hoxe en Cerceda para poñer orde nunha leira que conta cun particular zoolóxico

Santiago, 05.04.2021-   O equipo de ‘Galicia Bonita’ (22.25 h) desprazarase este luns ata Cerceda. Alí, Rosa Facal e os seus axudantes descubrirán a leira de Luz e Aldo, que conviven cun peculiar zoolóxico formado por todo tipo paxaros domésticos.

Amais, o carácter inconformista da parella levará ao límite a paciencia da arquitecta do programa, que, coma sempre, disporá dun axustadísimo prazo de cinco días para completar as reformas.

Fuente Crtvg.es