Santiago, 07.12.2017.- O programa `Galicia Viva´ ofreceralles hoxe aos espectadores propostas de lecer para esta ponte festiva. Así, o espazo presentado por Susana López estará en directo no musical `Priscilla´, un espectáculo que leva tempo percorrendo España con moito éxito e que nestas datas chega aos teatros galegos, con parada este xoves na Coruña.
Doutro lado, os reporteiros de `Galicia Viva´ visitarán un cocedeiro de mariscos para recabar consellos e recomendacións para cociñar e mercar marisco nestas datas festivas e de celebracións en familia.
Ademais, o programa da TVG irá en directo á localidade de Ledoño, en Culleredo, para asistir aos últimos preparativos do belén que cada ano une a todos os veciños desta parroquia.
Fuente: TVG