Historias de agradecemento, xovialidade, amor e volta ás orixes, en “Vivan as Tardes!”

0
16

Santiago, 12.01.2018.- O programa “Vivan as Tardes!” (17.30 h.)recibirá hoxe a visita de Juan Ramón, que comparte a vida cos seus pais adoptivos, a quen di que lles debe todo. Elvira e Prudencio veñen desde Lugo para estar co seu fillo, ao que adoran.

Outra das convidadas deste venres será Concha, que é Miss Fotoxenia e Miss Elegancia Terceira Idade grazas a que a súa filla Ángeles a animou. Pili Pampín vai falar coas dúas, que veñen desde Melide a pasar a tarde cos espectadores da TVG.

A historia de amor de hoxe será a de Marina e Luís, unha parella de Ourense que se formou sen présa e sen prexuízos. Só hai un problema entre eles: os celos del porque ela está prexubilada.
    
Tamén estará hoxe en “Vivan as Tardes!” Xan, que recuperou os valores dos seus avós coa crianza do porco celta na súa granxa ecolóxica de Monterroso.

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here