Homenaxe ás froitas nunha edición de "Larpeiros" que contará cun convidado moi especial: o cociñeiro Pepe Solla

0
8

Santiago, 12.09.2017.-    Os días de sol son días de froitas maduras e variadas e cando están no seu tempo son do máis rico que hai, como explicarán hoxe no programa “Larpeiros”. Para almorzar, ao natural, son moi ricas, pero tamén en marmeladas, batidos e lambetadas. Os “larpeiros” están hoxe dispostos a celebrar o día mundial da froita e pensan cociñar con elas, tanto cousas doces coma salgadas, para facerlles a homenaxe que merecen.

As froitas serán tamén protagonistas do aperitivo, que preparará Lola coa axuda dun convidado moi especial: Pepe Solla, un dos cociñeiros galegos máis recoñecidos no mundo enteiro. Benigno Campos tamén ten na cabeza unha receita para facerlle a súa particular homenaxe ás froitas: lombo de porco ao sal con gornición de froitas, un prato co que completará un menú sorprendente e moi apetecible.

Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, tamén quere formar parte da homenaxe ás froitas e para iso irá ata Salcedo, na provincia de Pontevedra, onde, da man de María, aprenderá a facer unhas marmeladas que farán as delicias dos seus compañeiros. De volta na casa, a festa será completa co biscoito de froitas co que Merchi e Leni agasallarán o resto dos “larpeiros”.

Fuente: TVG

Compartir