Joshua, un rapaz de Colorado, percorrerá o Camiño ata Fisterra coas cinzas de seu pai, en “Peregrino”

0
0

Santiago, 30.07.2017.- O Camiño de Santiago é para moitos máis que unha ruta cara ao encontro da espiritualidade e, no segundo capítulo de “Peregrino” (19.40 h.), programa que pretende amosar non só a beleza dos camiños, pobos, xentes e lugares pintorescos que os camiñantes percorren ate chegar a Santiago, senón tamén a beleza das persoas que o percorren e os seus intereses e motivacións, o reporteiro Xiraldo camiñará ata Fisterra xunto con Joshua, un rapaz de Colorado que leva as cinzas do seu pai con el.

Ademais, os espectadores coñecerán unha parella de catalás que levan Bollywood moi dentro e as cámaras do programa chegarán ata o Mosteiro da Magdalena e Sarria e á Catedral de Santiago.

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here