"Land Rober Holidays Show" recibe a visita de Miguel de Lira e ofrece o enfrontamento máis agardado: Tonechos contra Cantareiras

0
6

Santiago, 05.07.2018.-  O mellor humor estará unha semana máis no programa “Land Rober Holidays Show”, que cada xoves á noite achega ás casas dos galegos unha velada chea de gargalladas, da man, coma sempre, de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé A. Touriñán.

Nesta ocasión, virá pintar a mona o actor Miguel de Lira; os espectadores asistirán ao enfrontamento máis agardado: Tonechos contra Cantareiras, e producirase outra disputa, neste caso internacional, entre os “Gorrillas” e os “Gorrinhas”. Ademais, os “Xubilados” irán de cea e un convidado de altura xogará ao “A quen lle pasou?”.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here