"Luar" despide temporada con Miguel Bosé, Sergio Dalma, Marta Sánchez, Bustamante e Rosario

0
26

Santiago, 28.07.2017.-    Remata o mes de xullo e, como é habitual, o programa “Luar” pecha por vacacións ata setembro. Nesta despedida de temporada e para deixar os espectadores cun bo sabor de boca, o espazo da TVG contará cunha chea de actuacións dos máis variados artistas. 

Así, pola pantalla desfilarán cantantes de talla internacional coma Miguel Bosé, Sergio Dalma, Marta Sánchez, Bustamante, Paloma San Basilio, Rosario e Al Bano. Tamén estarán neste “Luar” especial Alberto Cortez, El Langui, Andy y Lucas, cantando xunto ao Dúo Dinámico, e Ismael Serrano xunto a Ruada e Luar na Lubre. Outro dueto que a bo seguro fará as delicias dos espectadores será o de Juan Pardo coa súa filla Lys.

Os artistas máis novos e con máis seguidores entre o público adolescente tamén estarán representados esta noite no programa presentado por Xosé Ramón Gayoso, coas actuacións de Abraham Mateo, Gemeliers e o neno Adrián Martín. Tampouco faltará neste último “Luar” da temporada a música das mellores orquestras, nesta ocasión con La Fórmula, Los Satélites e La Nueva Phila

A música galega virá este venres da man do quinteto feminino Ialma, das agrupacións Cantares do Brión e A Regionalista e de Susana Seivane, que actuará coa Banda Interxeracional.

Ademais, co obxectivo de darlles aos espectadores ideas de cara ás vacacións de verán, “Luar” configurará hoxe unha guía de Galicia moi particular, xa que cada colaborador do programa recomendará un sitio para visitar.

Fuente: TVG

Compartir