"Luar" recibe esta noite no seu escenario o cantante Sergio Dalma e a gaiteira Susana Seivane

0
0

Santiago, 08.12.2017.-    O exitoso cantante Sergio Dalma visita hoxe o programa “Luar” da TVG tras publicar a terceira entrega de “Vía Dalma”, a saga de discos de versións de clásicos italianos que se converteron nun inesperado exemplo de supervendas. Neste álbum xúntanse un puñado de cancións míticas como “Volare”, “Solo tú” e “Este amor no se toca”, que hoxe interpretará para os espectadores da Televisión de Galicia.

Xosé Ramón Gayoso tamén recibirá no espazo da noite dos venres a gaiteira Susana Seivane, que está a piques de lanzar o seu quinto álbum, que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, creado para nenos e non tan nenos, pais e fillos de todas as idades.

Tamén subirán ao escenario o cantante Manolito El Pescador, a orquestra Miramar e o grupo de música tradicional de As vozes de Manhouce. Tampouco faltará a música galega da man da formación musical de Os Nenos da Vella, a Banda Folk de Ribas de Sil, o grupo Os Quenindiole e os gaiteiros de Os Terribles de Donas e Os de Algures.

Finalmente, na edición desta semana do concurso “Recantos”, será a quenda de Borja Fuentes, representante da Terra Chá, e Ariadna Moore, procedente da Costa da Morte.

Fuente: TVG

Compartir