Luís Tosar abre esta noite na Televisión de Galicia a cuarta temporada do "Land Rober Tunai Show"

0
8

Santiago, 14.09.2017.– Este xoves, “Land Rober Tunai Show” volve das vacacións con máis forza ca nunca e terá a honra de recibir a visita do actor galego máis universal: o lucense Luís Tosar, o inesquecible xuíz da recordada serie da Televisión de Galicia, “Mareas Vivas”. De Xustás a Hollywood e agora tócalle xuntarse con Roberto Vilar e os seus secuaces.

Os espectadores tamén poderán ver as durísimas negociacións en que se viu envolto Roberto con Amancio Ortega, o amo e señor do imperio Inditex, para buscarlle oco como convidado na apertada axenda do programa. O público da Televisión de Galicia terá que esperar para saber se poderán ver esta tempada a un dos homes máis ricos do planeta compartindo aventuras cos “Gorrillas”.

Esta noite ás 22.05h. “Land Rober” volve cos seus famosos sketches e cun novo xogo telefónico que pode cambiar por completo o destino dun seguidor do programa. Todo isto da man de Roberto Vilar e os seus compañeiros, Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias.

Fuente: TVG

Compartir