Manuel Vicente, director de 'Efervesciencia', recolleu o Premio Galicia de Xornalismo Científico

0
0

Santiago, 09.10.2018.-    O comunicador e director do programa da Radio Galega ‘Efervesciencia’, Manuel Vicente, recibiu onte luns en Santiago o Premio Galicia de Xornalismo Científico, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias e GAIN, pola súa reportaxe titulada ‘As ondas gravitacionais que soan en galego’, emitida no programa ‘Diario Cultural’ da RG.

A entrega do premio tivo lugar nun acto encadrado na celebración do Día da Ciencia en Galicia, que este ano recoñeceu a Domingo Fontán. O galardón foille entregado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen sinalou a necesidade de “seguir avanzando a través do coñecemento e do talento para conseguir unha comunidade cada vez máis próspera” e remarcou que é preciso que a ciencia chegue á sociedade para “camiñar na mesma dirección” e lograr “unha Galicia innovadora e competitiva”.

‘Efervesciencia’ leva dez anos na radio pública galega difundindo a ciencia feita en Galicia e achegándolle á audiencia, dun xeito próximo e atractivo, o eido da investigación e a innovación.

Fuente: TVG

Compartir