María del Monte e Plan Siberia, gañador do concurso da canción do verán da CRTVG, actúan esta noite en "Luar"

0
12

Santiago, 06.07.2018.- No seu primeiro programa do mes de xullo, “Luar” (22.00 h.) recibirá esta noite a visita da cantante María del Monte, coñecida como “A raíña das sevillanas” e con máis de 30 anos sobre os escenarios. “Suspiros de mujer”, “Acaricíame” e “No me fue del todo mal” son as coplas que interpretará hoxe a popular artista.

O programa tamén ofrecerá a actuación de Plan Siberia, gañador, por segundo ano consecutivo, do concurso da CRTVG “Este verán canta con nós”, un galardón que sitúa o tema “Chegou o momento”, composto e interpretado polo músico Gabriel Blanco, como a banda sonora da canle pública galega durante toda a temporada estival. Os espectadores coñecerán esta noite a letra orixinal e suxestiva desta canción e o seu ritmo apegadizo.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera contará coa presenza da formación Trazantes de Tenorio, que levan máis de 30 anos ao son da gaita e da pandeireta, tratando de recuperar danzas e cantigas antigas e fomentando o interese polo folclore tradicional.

Completan o cartel de actuacións desta noite a orquestra Superfama, a agrupación Os Catro Ventos e a asociación cultural A Regionalista.

Por outro lado, “Luar” dará a coñecer o nome do segundo finalista de “Vai de Baile”, que sairá do enfrontamento entre os Repichoqueiros de Teixeiro e os Xibreiros de Ames. En canto a “Recantos”, o concurso de talentos musicais celebrará hoxe a súa primeira semifinal, que disputarán O Chylava, representante da comarca Terras do Eume, e Leshka, de Terras de Lugo.

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here