Mentres o cuartel de 'Serramoura' investiga o asasinato de Eduardo, a noticia de que Moncho ten moza cae como unha bomba na casa dos Neira

0
8

Santiago, 21.04.2019.-  O cuartel de ‘Serramoura’ (22.00 h.) segue este domingo inmerso na investigación do asasinato de Eduardo. Despois de identificar a Máximo como suposto responsable, o sarxento Quiroga ten como obxectivo realizarlle un interrogatorio.

A noticia de que Moncho ten moza non gustou por igual ás súas fillas. Raquel está encantada co ligue do seu pai, pero Marga é moito máis reticente, o que ocasiona moitos problemas no seo da familia.

Mentres tanto, o serradoiro da vila comeza unha nova etapa con Evaristo á fronte. Unha das primeiras medidas como novo propietario é devolver a Raquel á fronte da xestión da empresa, aínda que terá que ensinar a Román en todo o que poida.

Despois de descubrir os verdadeiros os plans de Máximo, Pancho intenta explicarlle a Santos a verdade sobre os negocios que queren poñer en marcha en Serramoura e que suporían a destrución da vila tal e como a coñecen. Conseguirá que Santos sexa o seu aliado?

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here