Micaela Morais retorna a "Serramoura" cun plan para acabar coa vila

0
11

Santiago, 20.01.2019.-  No capítulo desta noite, despois da súa particular reunión con Micaela, Marga non tarda en dar a voz de alerta aos seus compañeiros do cuartel de “Serramoura”: Micaela Morais está de volta na vila e ten un plan para acabar con ela.

Pero non vai ser a única fronte aberta para o cuartel. A investigación sobre a morte de Malvar avanza aos poucos porque os sarxentos Neira e Quiroga non conseguen identificar se a morte foi un suicidio ou un homicidio, polo que todos os esforzos pasan por localizar a Pancho, pois é o único que pode achegar algo de información ao caso.

Pola súa parte, Santos aproveita a confusión entre os homes de Pancho para sementar dúbidas sobre o seu xefe e así recuperar o seu posto dentro do mundo criminal da vila.

Por outra parte, Teresa non tarda en ultimar o plan con Aurora para acabar con Evaristo Fiúza, pero un imprevisto pode botar a perder a súa conspiración.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here