Nesta xornada festiva, o espazo "A Revista" propón achegarse ao balneario de Mondariz

0
0

Santiago, 08.12.2017.-   No ecuador desta longa ponte festiva, o espazo “A Revista” interesarase hoxe por un tipo de turismo moi apropiado para estas datas e cada vez máis en auxe: o turismo termal. Para isto achegarase en directo ao balneario de Mondariz, que, inaugurado en 1873, é o pioneiro do termalismo galego e un referente entre as principais vilas termais de Europa. Co paso dos anos, este histórico balneario soubo adaptar o termalismo tradicional ás necesidades do século XXI.

Outra boa idea para gozar desta xornada é ir adiantando compras con vistas ás próximas festas do Nadal. Así, o programa da TVG achegarase en directo ao Mercado de Nadal de Santiago de Compostela, que conta coa participación de 87 expositores, entre os que se atopan postos de artesanía, doces e agasallos para as festas.

Fuente: TVG

Compartir