No cuartel de `Serramoura´ andan tras a pista dun novo asasino cun modus operandi igual ao dun psicópata preso

0
0

Santiago, 09.12.2018.-  Hai un novo asasino en “Serramoura” e no cuartel traballan sen descanso para darlle caza antes de que cometa un novo crime. Pero as pistas que teñen Marga e Roi para afrontar o caso son escasas. Despois de atopar o corpo da Roxa sen o corazón, no cuartel sospeitan que o suceso tamén ten relación co caso de Adela, pero para avanzar na investigación hai que establecer a vinculación entre as dúas vítimas.

Pero hai máis. Quique e Patri descubriron que o criminal que están buscando imita a forma de actuar dun psicópata que cumpre condena polos seus asasinatos. Terán algún tipo de relación? Mentres tanto, o plan de Santos, Evaristo e Teresa segue dando resultados. Desde que Raquel protexe os cargamentos de madeira, a banda criminal de Pancho deixou de actuar.

Pero Evaristo sabe que máis cedo que tarde, Raquel verase envolta nun perigoso conflito e tomará cartas no asunto para evitar que ocorra. Pola súa banda, Pancho comeza a ter problemas cos seus homes. Ao non dar novos golpes, a organización está deixando de ingresar o prometido. Pancho necesita un plan para recuperar a autoridade.

Fuente: TVG

Compartir