Novo caso de asasinato en "Serramoura": Marga e Roi investigan a dobre vida que levaba Maroto

0
0

Santiago, 11.11.2018.- No cuartel de “Serramoura” (22.15 h.) non tardan hoxe en recibir o aviso da desaparición de Maroto. Sen un minuto que perder, Tomás encarga a investigación aos sarxentos Neira e Quiroga. Pero no momento en que comezan co caso, Quique recibe a chamada de Patri informando de que o corpo de Maroto apareceu no vertedoiro. Todo apunta a que hai un novo caso de asasinato na vila.

Pouco a pouco, Marga e Roi descobren a dobre vida que levaba Maroto e que rematará coa chegada da Policía Nacional a Serramoura para levar o caso. Serán quen de traballar xuntos?

Por outra parte, Santos trouxo a Serramoura o seu mestre, un afamado ladrón que acaba de saír de prisión e que agochou nos montes da vila un botín de varios millóns. O obxectivo de Santos é facerse cos cartos e para iso ten que conseguir que o seu mentor lle diga a situación exacta exacta, o que non vai ser doado.

Fuente: TVG

Compartir