Novo concerto de 'Notas de Jazz', a través de Facebook Live, con Valentín Caamaño Cuarteto

0
9

Santiago, 21.05.2019.-  Os usuarios do Facebook da Radio Galega poderán gozar este mércores do concerto que o guitarrista, compositor e vocalista galego Valentín Caamaño deu na Sala Riquela en Santiago de Compostela. O músico compostelán presentou o seu terceiro álbum The blind wrestler, que inclúe composicións orixinais na súa práctica totalidade, e para o que contou co apoio ao saxo de Xosé Miguelez, do batería LAR Legido e de Alfonso Calvo ao contrabaixo.    

O espazo ‘Noite de Jazz’ ofrecerá este concerto ás 22.00 horas, a través do Facebook Live da Radio Galega. Tras achegar as actuacións de Sumrrá e Marcos Teira, este é o terceiro recital que ofrece o programa da emisora pública, que dirixe Xabier Facal, mediante a súa conta nesta rede social.

Con estas emisións, Radio Galega Música pretende establecer novas relacións coa audiencia aproveitando as posibilidades que permiten as ferramentas dixitais para achegar os sons galegos e os distintos xéneros musicais ao público máis novo. O concerto estará dispoñible nos audios da web da Radio Galega e na sección #cultura365 da páxina da CRTVG.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here