O ‘Bos Días’ da TVG comeza a emisión de entrevistas electorais, mentres que a RG ofrece o luns os debates provinciais

0
8

Santiago, 21.04.2019-  Televisión de Galicia ofrece entrevistas, en directo, a un dos candidatos ao Congreso ou ao Senado do PP, PSdeG-PSOE, En Común-Unidas Podemos, En Marea e BNG, por calquera das catro circunscricións electorais que compoñen o ámbito de cobertura do medio. Realizadas polo xornalista Marcos Sueiro, emitiranse en días sucesivos, de luns a venres, dentro do espazo ‘Bos Días’, a partir das 10.00 horas. A TVG abrirá a quenda de entrevistas mañá con Néstor Rego, candidato número 1 do BNG pola Coruña.

As entrevistas, cunha orde de intervención de menor a maior representación, terán unha duración proporcionalmente ponderada, conforme aos resultados obtidos nas anteriores eleccións. A entrevista á formación política máis votada terá unha duración de quince minutos, mentres que as correspondentes aos grupos políticos significativos terán unha duración de cinco minutos.

Debates en desconexión, na Radio Galega

Pola súa parte, a Radio Galega emitirá hoxe debates a candidatos de cada provincia, en desconexión. As distintas forzas políticas confrontarán as súas posicións nos debates provinciais, organizados pola emisora pública en cada unha das súas delegacións territoriais.

A orde de intervención de apertura e peche nos debates será en atención ao número de votos. Para abrir o debate será primeiro o partido máis votado e no último lugar o grupo significativo co menor número de votos. Para pechalo a orde será á inversa, comeza o grupo político significativo co menor número de votos e remata o máis votado. Unha vez iniciado o debate, ás 13.10 horas, os tempos non se marcan, son libres, e será o moderador a persoa que vele polo equilibrio das intervencións.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here