O “Chamando á Terra” da Radio Galega conversa esta sobremesa con Xosé Antón Neira Cruz sobre o seu novo e premiado libro

0
9

Santiago, 13.01.2018.-  No “Chamando á Terra” (15.00 h.) deste sábado, María Solar entrevistará a Xosé Antón Neira Cruz con “O sono das sereas”. O autor, premio Narrativa Breve Repsol, falará do seu regreso despois dun tempo sen publicar.

Tamén estará no programa da Radio Galega Celia Recarey, editora de Irmás Cartoné, para falar de dous novos títulos. Dous clásicos traducidos, un deles foi prohibido polos nazis e o outro era a novela favorita do seu autor H.G. Wells.

A colaboradora Alba Cid chegará con dúas plaquettes, O gran rexeitamento/Flores para Albert Ayler, de Daniel Salgado,  e Os lobos na casa de Esaú, de Lara Dopazo. E, no tempo de Montse Pena Presas escolleranse esta semana dous libros na literatura infantil para coñecernos mellor: “Kibuko”, de Xavier Estévez, e “Zimbo”, de Arturo Abad e Joanna Concejo.

Como é habitual leranse cachiños de “O sono das sereas” e de “A historia interminable” de Michael Ende.

Fuente: TVG

Compartir