O “Chamando á Terra” fala con Manuel Gago da súa nova novela, unha mestura de historia, lenda e ficción

0
0

Santiago, 16.06.2018.-  O espazo “Chamando á Terra” (15.00 h.) achegaralles aos oíntes este sábado unha novela sobre guerrilleiros galegos entre a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial. É a proposta que Manuel Gago ofrecerá no programa co seu “O exército de fume”. No seu segundo libro, Gago idea un relato de acción en que se mestura a historia, a lenda e a ficción. Unha novela sobre esquecidos heroes anónimos que non saben que son tal.

Grazas á presenza de Xesús Ron no estudio,  repasarase a colección “Biblioteca de Teatro”, editada por Kalandraka, a partir das obras do Grupo Chévere. Con esta proposta pretenden documentar o teatro, poñendo a disposición do público as obras completas desta compañía compostelá que conta con 30 anos de traxectoria sobre os escenarios.

A colaboradora de “Chamando á Terra” Alba Cid falará dunha nova editorial coa videopoesía de “Versogramas”, dirixida por Belén Montero. Amais, Montse Penas recuperará no apartado infantil e xuvenil “O libro das viaxes imaxinarias”, de Xavier P. Docampo e ilustrado por Xosé Cobas.

Fuente: TVG

Compartir