O concello lucense da Pastoriza é esta semana o destino de "O Caderno de Isabel", que probará pratos de alto valor enerxético

0
0

Santiago, 09.10.2018.-    “O Caderno de Isabel” visita esta semana a terra pola que discorren as primeiras augas do río Miño na provincia de Lugo. Trátase da Terra Chá e, concretamente, dun dos seus concellos máis verdes, A Pastoriza. É aquí onde non van faltar pratos de alto valor enerxético coma as freces ou a bola de liscos, que se preparaban para levar ás tarefas do campo. Os espectadores saberán como os faragulllos son unha variante das freces, pero cun sabor e uns ingredientes diferentes. E, ademais, como nesta zona de Galicia as filloas non se toman como sobremesa, senón como acompañante dos cocidos.

Para isto, Isabel percorrerá varios quilómetros no seu pintoresco coche e, antes de comezar a ruta das receitas, fará unha parada na pista de kárting da Pastoriza, onde imparten cursos de condución segura. Isabel tomará nota de certos consellos para cando a estrada está mollada ou hai neve, así que o seu convertible será máis seguro a partir de hoxe.  

Finalmente, todos eles serán convidados a degustar os pratos elaborados durante o programa nunha xuntanza final cunha escena bucólica que non deixará indiferente a Isabel.     

Fuente: TVG

Compartir