O Deportivo – Elxe abre a xornada deportiva na Radio Galega

0
0

Santiago, 11.10.2018.- Esta fin de semana non hai liga de Pirmeira División, por mor dos partidos de seleccións , entre os que destaca o España – Croacia da UEFA Nations League. Deste xeito, a Segunda Divisón cobra máis importancia para os amantes do fútbol.

A Radio Galega emite este venres desde as nove menos cuarto da noite o partido da novena xornada de Liga entre o Deportivo da Coruña e o Elxe. Toni López García poñerase aos mandos do Galicia en Goles, que despraza ao estadio municipal de Riazor a Javi Torres, César Méndez e Xosé Manuel Traba para contar todo o que alí suceda.

O Deportivo disputa o segundo partido consecutivo na casa, tras empatar a un gol ante o líder, o Málaga, o domingo pasado. O Elxe, mentres, chega á Coruña coa moral reforzada tras derrotar ao Club Deportivo Lugo por 2-1 no Martínez Valero. O Dépor afronta o encontro co obxectivo de sumar os tres puntos e durmir por vez primeira en zona de ascenso directo. Na actualidade está a dous puntos do segundo clasificado, que é o Granada.

O cadro ilicitano, pola súa banda, ten como prioridade permanecer na categoría e o triunfo do domingo na casa permitiulle saír dos postos complicados, pero deixando a zona de descenso a só un punto.

Despois do partido, os oíntes poderán escoitar as comparecencias dos dous adestradores na sala de prensa e dos xogadores na zona mixta.

Fuente: TVG

Compartir