O imitador Raúl Pérez e o actor Antonio Garrido revolucionarán esta noite o estudio do 'Land Rober Tunai Show'

0
9

Santiago, 16.05.2019.-     O programa ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves o home das mil caras, o humorista e imitador Raúl Pérez, que vén disposto a todo, mesmo a converterse en Chicote para poñer orde en Casa Dosinda, que ten algún problema co cociñeiro. As risas están aseguradas, xa que David Perdomo ten moito que ver e vai ser unha experiencia brutal!

Por se isto fose pouco, o que vai quedar pampo esta noite é o actor Antonio Garrido, que vai experimentar o que dá de si a realidade dos supermercados galegos e dos repartidores.

O show continuará cunha nova entrega de ‘Quen vés sendo?’, coa participación da arquitecta e o albanel máis famosos da TVG, Rosa Facal e Javier Rodríguez, do programa ‘Galicia Bonita’. Serán capaces de librarse do ovo cru con vinagre?

A cousa non remata aí. Os espectadores deberán estar moi atentos porque tamén visitarán o estudio do ‘Land Rober’ algúns dos protagonistas das noticias galegas máis disparatadas. Ademais, o programa porá proba a confianza entre nais e fillos en ‘Non llo digas a mamá’.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here