O "Land Rober Tunai Show" ponse a proba esta noite co programa especial "Onde ninguén é forasteiro"

0
17

Santiago, 17.05.2018.-   O “Land Rober Tunai Show” (22.00 h.) afronta  esta noite un exame nun programa especial, chamado “Onde ninguén é forasteiro”. Seis forasteiros residentes en Galicia darán a súa opinión sobre o espazo presentado por Roberto Vilar e no que participan os humoristas Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias.

Dous cubanos co seu particular son, unha arxentina que vive en Moraña e que leva media vida na nosa terra, un chinés que deixou o extremo oriente para trasladarse ao Carballiño, unha valenciana que chegou hai catro anos a Santiago para estudar a súa carreira soñada e unha madrileña con parte da súa familia aquí, serán os encargados de emitir as súas avaliacións sobre o espazo de humor. Que opinarán de Concha e Manolo? Resultaralles gracioso Roberto Vilar? Como tomaron a particular retranca cando aterraron en Galicia?

Todo iso, ademais, acompañado dos sketchs e seccións máis divertidas do programa. A actriz Lucía Regueiro enfrontarase a Carlos Roma no divertido xogo de mímica “Que me estas contando”, os “Gorrillas” farán das súas na compañía do actor Víctor Fábregas, os xubilados irán á discoteca co actor Maxi Iglesias, entre outros convidados que pasarán polo programa. Será, en definitiva, unha noite chea de humor e gargalladas ao máis puro estilo “Land Rober”.

Fuente: TVG

Compartir