O programa «Bamboleo» recibe esta noite no escenario o dúo musical Azúcar Moreno

0
13

Santiago, 11.04.2020.-   O espazo de música e entretemento ‘Bamboleo‘ convida esta noite as irmás Salazar, Azúcar Moreno, a subir ao escenario. Toñi e Encarna, que levan máis de 30 anos de carreira e que chegaron a representar a España no Festival de Eurovisión, interpretarán temas como ‘Que me quiten lo bailao’, ‘No me des guerra’ e ‘Quitémonos la ropa’.

Tamén actuarán esta noite no programa a orquestra Metrópolis e Ruxe Ruxe, senlleiro grupo da música rock galega que, coa súa persoal proposta musical, baseada nunha contaxiosa fusión de rock, punk, folk, música tradicional e ska, celebrou xa 20 anos espallando a súa música por toda a xeografía galega.

No escenario tamén estarán Alys Parama, interpretando ‘Adagio’, de Lara Fabián, e Awatif el Arfaoui, co tema ‘Man down’, de Rihanna, competindo ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca‘.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor‘, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘Déixate de Juasá‘, que animará a Conchi e Paula a prescindir de tanto trebello tecnolóxico; ‘A Jrileira’, onde Amelia e Jorge se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Havana’, de Camilla Cabello, e ‘Dirtidansi‘, en que parellas de distintas xeracións bailarán hoxe tango, bachata, salsa, rumba e bolero.

Fuente Crtvg.es