O programa da RG "Convivir Deportivo" reúne este martes no Teatro Jofre de Ferrol históricos do Oar

0
11

Santiago, 05.12.2017.-    A cidade de Ferrol e o baloncesto galego teñen unha cita este martes 5 de decembro. Ás 20.00 h., Alfonso Pardo dirixe unha nova gravación do programa “Convivir Deportivo”. No Teatro Jofre, o espazo da Radio Galega reúne os históricos do Oar Ferrol, coa presenza do que foi o seu presidente durante moitos anos, Juan Fernández.

Entre outros convidados, asistirá o conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela. A entrada á gravación do programa é gratuíta, previa presentación da invitación, que se pode retirar nas billeteiras do Teatro Jofre.

“Convivir Deportivo” continúa así a súa xira por Galicia para trasladar a distintas localidades as súas historias relacionadas co deporte, pero desde o punto de vista social, a mesma óptica que o programa “Convivir”, que lle dá acubillo os venres ao deporte base e a historias de superación e voluntariado, entre outros contidos.

Fuente: TVG

Compartir