O “Vivir Aquí” coñece, de primeira man, os preparativos do día do Carme nas vilas costeiras galegas

0
0

Santiago, 14.07.2018.-  Chega o día grande dos apaixonados polo mar, a celebración dunha das datas máis secundadas na costa galega, a festa do Carme. Unha cita que, ano tras ano, se festexa dunha forma moi especial en cada vila mariñeira, onde os veciños manteñen tradicións que lembran a dureza do traballo no mar.

Para achegarse a esta festa do mar e aos seus preparativos, “Vivir Aquí” (15.30 h.) viaxará desde a Mariña de Lugo ata o sur da provincia de Pontevedra. Os espectadores coñecerán como se celebra en varias vilas unha data que engalana e enche de ledicia e emoción toda a Galicia costeira. Neste percorrido amosarase a celebración do día do Carme nas vilas de Laxe, Burela, Foz, Marín e Baiona.  

Fuente: TVG

Compartir