Os "Buscadores de Naufraxios" da TVG vanse mergullar esta semana nos restos do Ryttherholm, o pecio máis emblemático da Coruña

0
0

Santiago, 07.10.2018.-    O programa “Buscadores de Naufraxios” estará hoxe con José María Troiteiro, Troi, apaixonado dos deportes de risco, boina verde e paracaidista ata que, saltando desde máis de 6.000 metros de altura, tivo un accidente e fracturou o xeonllo. Desde entón, o único deporte que pode facer é o mergullo.

Amante dos pecios, vaise mergullar nos restos do Rytterholm, o pecio máis emblemático da Coruña e que todos os mergulladores coñecen como “O Chino”, xa que o único tripulante que pereceu no naufraxio foi o cociñeiro, que era chinés.

José Ramón Seoane, Moncho, tripulante do Blanca Quiroga, contará como tratou de sacar o “Chino” do barco e os espectadores descubrirán como se crearon os medios de salvamento marítimo na Coruña despois da catástrofe do pesqueiro La Isla, en que 14 mariñeiros pereceron xunto á Torre de Hércules diante da impotente mirada dos coruñeses e coruñesas.

Fuente: TVG

Compartir