Os espectadores asistirán no "Land Rober Holidays Show" á divertida voda entre David Amor e Touriñán

0
7

Santiago, 13.08.2018.-  O humor e os sketchs máis disparatados copan, unha noite máis, as propostas da Televisión de Galicia. Liderado por Roberto Vilar, “Land Rober Holidays Show” (22.00 h.) porá a proba o sentido do humor dos artistas convidados con divertidas e hilarantes situacións. Para comezar, nesta ocasión, serán os actores Luís Zahera e Camila Bossa os que acudirán ao programa a pintar a mona.

O presentador e director do “Galicia por Diante” da Radio Galega, Kiko Novoa, metido na pel dun axente da autoridade faralles pasar un mal momento aos Gorrillas, que coma sempre farán das súas. Tamén a actriz Mayka Brañas, tras pasar polas mans do peiteador Gelucho, entrará en shock ao perder a súa melena. Outro dos momentos máis ocorrentes vivirase coa voda que celebrarán o actor e humorista David Amor e Xosé A. Touriñán.

Ao longo de dúas horas de humor, os espectadores poderán gozar destas e doutras sorpresas máis, tamén coa colaboración de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here