Os espectadores de "Casamos!" asistirán esta noite a unha voda galego-asturiana, a de Judit e Javi

0
14

Santiago, 04.07.2018.-    O amor non entende de fronteiras e se non que llelo digan a Judit e a Javi, os protagonistas desta noite do espazo “Casamos!”. Ela é de Castropol, el de Foz e teñen  amigos en común cos que ás veces saían xuntos en grupo. Aínda así, nunca falaran, ata que una festa de campo en Asturias uniu as súas vidas para sempre. Foi alí onde comezaron a falar e onde naceu a chispa do amor.

A súa historia de amor continuou a pesar da distancia que os separaba ao comezo da relación, pois el traballaba en Foz e ela estudaba peiteado e estética en Xixón. Á súa volta, decidiron ir vivir xuntos e desde aquela a súa relación consolidouse.

Agora deciden casar e fano por todo o alto, coa voda que sempre soñaron, sobre todo ela. Como comprobarán os espectadores, no enlace non faltarán as sorpresas e as emocións viviranse intensamente.

Fuente: TVG

Compartir