Os "Larpeiros" da TVG degustarán un arroz meloso con polbo e unha torta fría de piña

0
27

Santiago, 08.08.2017.-  Os comensais do programa “Larpeiros” (22.20 h.) manterán esta noite unha animada conversa sobre un bicho moi feo, pero tamén moi rico, como é o polbo. Moitos pregúntanse como se lle pode ter tanto aprecio a un bicho con oito patas, agrisado e coa cabeza branda. A resposta é moi sinxela: polo seu sabor. Quen non tolea por un bo polbo á feira ou guisado, como o fan en Mugardos e na Illa de Ons? Tamén en empanada ou con fabas é un bocado exquisito.

Como de polbo vai a cousa, o cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, proporá un xantar en que este cefalópodo, tan prezado polos “Larpeiros”, sexa a grande estrela: un arroz meloso con polbo. Trátase dun arroz tradicional, que Carlos vai facer coa auga de cocer o polbo para que sexa aínda máis saboroso.

Para isto, Adrián collerá desta volta rumbo a Cambados, onde, da man de José Luis, aprenderá os segredos da pesca do polbo con nasa. Así que terá botar man das súas habilidades como pescador se quere saír vitorioso da loita cos polbos, uns animais moi listos e aínda máis escorregadizos.

Pero de volta na casa estarao agardando unha sorpresa: a torta fría de piña coa que Merche e Leni agasallarán o resto dos “Larpeiros”.

Fuente: TVG

Compartir

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here