Os Xubilados e os Gorrillas volven ao "Land Rober Tunai Show" nunha noite en que o polifacético Pablo Puyol marcará o ritmo

0
0

Santiago, 11.10.2018.-   “Land Rober Tunai Show” (22.20 h.) recibe hoxe no estudio un dos bailaríns e actores españois máis polifacéticos, Pablo Puyol. Os espectadores verano en acción cos Xubilados máis carismáticos. Concha e Manolo volven para facer das súas no momento máis importante do seus 40 anos de casamento.

Ademais, os Gorrillas veranse as caras co seu adversario máis perigoso: a nai de José María. José Luis e José María van ter choio este xoves. Que lles deparará esta nova aventura A estes dous falcatrueiros?

As palabras máis rebuscadas e divertidas tamén serán un dos pratos fortes no “Que me estás contando?”. E, como non, non faltarán os xogos e retos máis agardados polos espectadores, que gozarán, unha noite máis, da man de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán e tamén da actriz Sabela Arán.

Fuente: TVG

Compartir