"+Pachanga" acompaña esta noite as orquestras Cinema e New York, as máis desenfadadas do panorama verbeneiro galego

0
0

Santiago, 13.08.2017.- Hoxe, en “+Pachanga” (22.05 h.), haberá unha representación das orquestras cun público máis novo, orquestras como Cinema e New York, as representantes mais desenfadadas do panorama verbeneiro galego.

O reporteiro Javi Rocha presentará os irmáns Romero, a parella de cantantes masculinos da Cinema. Raúl, o maior, é soldador e ademais de liderar a dianteira da orquestra, encárgase das estruturas móbiles do escenario. César, o irmán pequeno, é o encargado do estilismo e das redes sociais.

Por outro lado, a reporteira Patri Santana irá de compras cos integrantes da New York, unha orquestra tan noviña coma os seus integrantes. Fundada no 2015, é unha formación que aposta forte polo espectáculo de baile e moita diversión.

Todos eles pasaran, por suposto, polo exame de “Verbena Style”, onde someterán a xuízo os seus looks.

Fuente: TVG

Compartir