"+Pachanga" acompañará este domingo a orquestra Olympus e o grupo Claxxon

0
14

Santiago, 06.08.2017.- “+Pachanga” (22.00 h.) chega esta noite á Televisión de Galicia mesturando nesta edición unha orquestra, a Olympus, e un grupo, Claxxon. Dúas formacións do melloriño da clasificación verbeneira galego.

O reporteiro Javi Rocha acompañará a Olympus no backstage dunha actuación moi vangardista. Os de Negreira, sempre na última en canto a tecnoloxía, gravarán un vídeo en 360º para amosarlle ao seu público unha experiencia de realidade virtual.

Por outra parte, Patri Santana será a encargada de visitar o cuartel xeral de Claxxon, unha formación masculina que soa a rock e que neste 2017 presenta moitas caras novas.

E, por suposto, nin a Olympus nin os rapaces de Claxxon se salvarán de pasar pola crítica de estilismo na sección “Verbena Style”.

Fuente: TVG

Compartir