"Que Casas!" amosará as vivendas dunha fanática dos libros, uns nostálxicos do mundo labrego e un enxeñeiro namorado do mar

0
1

Santiago, 13.09.2017.- No programa “Que Casas!” (00.00 h.) non só se ven as casas, tamén se coñecen pequenas historias da vida das persoas que nelas viven e que en ocasións teñen moito que ver con onde escolleron ou puideron ter as súas vivendas. É por isto que cada programa é unha viaxe e cada viaxe un retrato de Galicia feito desde ambos os dous lados das portas das casas dos anfitrións.

Así é como hoxe as cámaras do programa visitarán dúas das catro provincias galegas para coñecer xente no Grove, Allariz, Tomiño e Ponte Caldelas. Os reporteiros coñecerán as vivendas dunha fanática dos libros, duns nostálxicos do mundo labrego, dun enxeñeiro namorado do mar e dunha muller que ten tres salóns, xardín, ximnasio e piscina na súa propiedade.

Fuente: TVG

Compartir