Rafael Basurto, a voz do mítico grupo Los Panchos, e a banda Astarot, lenda vida do rock galego, actúan esta noite en "Bamboleo"

0
0

Santiago, 06.10.2018.-     O espazo de música e entretemento “Bamboleo” convida esta noite a subir ao seu escenario a Rafael Basurto, a voz do grupo de boleros Los Panchos e único membro do trío orixinal en activo, que hoxe interpretará temas tan coñecidos como “Si tú me dices ven” e “Piel Canela”.

Nesta noite de “Bamboleo” tamén está convidada a veterana banda de rock de Cangas do Mozarro Astarot, fundada hai 35 anos, que non dubidará en amosarlles aos espectadores que seguen sendo a lenda viva do rock galego.

O programa da TVG presentado por Xosé Manuel Piñeiro tamén recibirá a visita da orquestra Ritmo Noche e de Maik Gómez, que fará bailar o público do estudio e os espectadores nas súas casas co seu éxito “Vamo a beber”.

No escenario tamén estarán Amanda Jones, interpretando “Put your records on”, de Corinne Bailey Rae, e Basilio Calvo, co tema “Stay with me”, de Sam Smith, para competir ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”.

Coma sempre, “Bamboleo” ofrecerá tamén as seccións “A ITV do amor”, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; “Déixate de Juasá”, que animará a José e Antonio a prescindir de tanto trebello tecnolóxico; “A Jrileira”, onde Loli e Maruxiña se enfrontarán ao karaoke cantando “Andar conmigo”, de Julieta Venegas, e “Dirtidansi”, en que parellas de distintas xeracións bailarán hoxe jive e rumba.

Fuente: TVG

Compartir