"Sopa de Festa" convida esta noite os espectadores da Televisión de Galicia á Festa do Marisco de Vigo

0
5

Santiago, 12.09.2017.- O programa “Sopa de Festa” (23.40 h.)levará esta noite os espectadores da TVG ata Vigo, onde ao longo da fin de semana se celebrou a Festa do Marisco, unha cita coa que a cidade olívica abre as súas portas para ofrecer o mellor produto da lonxa viguesa.

Co obxectivo de amosar todos estes festexos e, sobre todo, os bos e saborosos produtos que se extraen en Vigo, o equipo de “Sopa de Festa” pasou toda unha xornada cos veciños e cos moitos visitantes que acoden para degustar unhas ameixas á mariñeira, arroz de mariscos, berberechos ao vapor, mexillóns, percebes, lagosta…. Unha morea de produtos nas súas máis amplas variedades.

Coma sempre, ademais da degustación do produto, as cámaras do programa da Televisión de Galicia acompañarán os organizadores e cociñeiros que, durante os días de festa, se preocupan de que todo estea perfecto para que os visitantes poidan gozar tanto do bo comer coma do bo ambiente. Ao longo desta emisión, os espectadores tamén descubrirán as belezas turísticas da zona.

Fuente: TVG

Compartir